martes, 5 de mayo de 2020

OS MAIOS

Ola a todo@s!
Estamos en maio , o mes das flores.
A primeiros de maio a vexetación sae ás rúas de moitos lugares de Galicia en forma de maio, unha construción de diferentes formas feita con follas, flores, froitos e adornos. Algúns están feitos con moita imaxinación e presentan figuras moi artísticas. O día que se celebran  cántanse  unhas coplas ou cancións, arredor deles. 

A proposta de traballo de hoxe é facer un debuxo dun maio, mira este vídeo para coller ideas. Mandade as fotos dos vosos debuxos ao correo das profes e faremos unha montaxe que poderedes ver no blogue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario