Ola! estamos a martes, imos traballar con moito ánimo, hoxe temos esta proposta de actividades.
CIENCIAS DA NATUREZA
Lectura das páxinas 108 e 109. Podedes facer un debuxo na libreta ou folio.
Actividades interactivas:
Os animais
As plantas
LINGUA
Repasar a diferenza entre o r suave e o r forte dicindo nomes de árbores, plantas. flores...
r forte: hortensia, repolo, romeu, carballo...
r suave: pera, caravel, maceira, xirasol...
DITADO
Nun recanto da horta tomei a merenda.
O mércores vou a clase de clarinete.
Caeu un chorro de auga enriba do corredor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario